A inspección educativaunha perspectiva de xénero

  1. Pérez Varela, Noelia
Dirigida por:
  1. Ana Sánchez-Bello Director/a

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de abril de 2017

Tribunal:
  1. Jurjo Torres Santomé Presidente/a
  2. Rosa María Vázquez Recio Secretaria
  3. María Antonia García de León Álvarez Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 466716 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

Esta investigación na que se analizan os procesos de desigualdade de xénero na Inspección Educativa en Galicia ten como obxectivo descubrir, a través da realización de entrevistas e de historias de vida a mulleres e varóns que desempeñan esta profesión, que aspectos están influíndo para que haxa unha menor representación de inspectoras neste posto de responsabilidade nesta comunidade autónoma. No primeiro capítulo do marco teórico abórdanse algúns dos elementos que dificultan a chegada da muller aos postos de responsabilidade. A continuación, afróntase o tema do liderado como concepto xeral, para despois contemplar como son as mulleres consideradas líderes. Posteriormente, abórdase o empoderamento das mulleres en cargos de responsabilidade. O último capítulo do marco teórico amosa unha panorámica sobre a situación da Inspección Educativa noutros países da Unión Europea e nos Estados Unidos ata chegar ao contexto español. Para finalizar, realízase un percorrido pola historia deste colectivo profesional en España. Na parte correspondente á metodoloxía, hai que sinalar que para coñecer a perspectiva das inspectoras e inspectores como axentes directamente implicados, optouse polo desenvolvemento dun estudo multicaso instrumental constituído por dez casos de estudo conformados por cinco inspectoras e cinco inspectores e á parte, seis mini-casos compostos por seis directoras de Institutos de Educación Secundaria que permitían triangular a información proporcionada pola Inspección. O estudo multicaso instrumental permitía analizar este fenómeno no seu conxunto e desvelar as converxencias e diverxencias que gardan entre si os dez casos principais. Deste xeito, poderase resolver o quintain que nesta investigación sería: Analizar os factores que inciden na presenza de varóns e mulleres nos postos de Inspección Educativa. No que respecta ás conclusións, non se pode falar dun único factor que repercuta na menor presenza de mulleres en cargos de Inspección Educativa, senón que hai que falar dun fenómeno multifactorial