El remolque de escoltapropuesta fundamentada hacia la necesidad de la implementación de un remolcador versátil en el puerto exterior de La Coruña

  1. Pérez Canosa, José Manuel
Dirixida por:
  1. Santiago Iglesias-Baniela Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de outubro de 2017

Tribunal:
  1. Daniel García Gómez de Barreda Presidente
  2. Minia Manteiga Secretario/a
  3. Antonio J. Poleo Mora Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 487773 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O accidente do petroleiro “Exxon Valdez” e a catástrofe medioambiental derivada do mesmo desencadeou finalmente a promulgación da OPA 90, e con ela, a obrigatoriedade do remolque de escolta como a ferramenta vital orientada a evitar as consecuencias que potencialmente se poden producir cando buques tanque perden o goberno e/ou a propulsión navegando por zonas especialmente sensibles próximas á costa. Anos máis tarde, varias terminais petrolíferas do norte de Europa comezaron a esixir o remolque de escolta, sendo o xerme da súa progresiva implantación no continente. Os accidentes de petroleiros na Coruña e nas súas proximidades décadas atrás constitúen un exemplo paradigmático dos riscos e consecuencias derivados dun accidente destas características; de aí a necesidade de empregar tódolos medios posibles para evitalos. Ao novo porto exterior trasladarase todo o tráfico deste tipo de buques e por elo, partindo do estado da arte no mundo do remolque, nesta Tese analízase e, finalmente, proponse de modo fundamentado un tipo de remolcador versátil que, como elemento relevante do sistema de seguridade do porto, poida levar a cabo de modo eficiente as tarefas de remolque xenuíno de escolta e remolque portuario.