Estudio de ambientes interiores marinos

  1. Bouzón Otero, Rebeca
Dirixida por:
  1. José A. Orosa Co-director
  2. Angel M. Costa Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. José Ignacio Loroño Lucena Presidente/a
  2. Rosa Mary de la Campa Portela Secretario/a
  3. Cristina V. Durán Grados Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 513583 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O informe da Axencia Europea de Seguridade Marítima realizado entre 2011-2014 para buques europeos, amosou que o 67% dos accidentes e incidentes producidos a bordo dos mesmos foron causados por erros humanos, dentro destes erros identificouse a fatiga como unha das posibles causas. Na resolución A.772 (18) "Factores que contribúen á fatiga" da Organización Marítima Internacional (OMI) defínese a fatiga como unha diminución no rendemento humano, polo que a OMI abordou a cuestión da fatiga mediante as horas de traballo e descanso a través de varios convenios e códigos, o Convenio sobre Normas de Formación, Titulación e Garda da Xente de Mar (STCW), o Código Internacional de Seguridade a Bordo (IGS) e mediante o Convenio sobre o Traballo Marítimo 2006 (CTM2006), este último desenvolvido pola Organización Internacional do Traballo (OIT). Ademais de facer fronte á fatiga a través das horas de traballo e descanso da xente de mar, o que serían as condicións de traballo a bordo, faise necesario tamén analizar as condicións ambientais nas que se desenvolve este traballo e que pode propiciar a aparición de fatiga ao tratarse de condicións extremas de temperatura, ruído, vibracións, etc. Por todo iso, na presente tese analizarase a aparición da fatiga desde dous aspectos diferenciados pero relacionados entre si. Por unha banda as condicións de traballo a bordo, entendendo estas condicións como a carga de traballo, é dicir, horas empregadas, persoal suficiente para realizar as tarefas, descanso, etc., e por outra banda, as condicións ambientais, entendendo estas condicións como a temperatura e o ruído que hai no lugar de traballo. Co fin de poder entender as condicións a bordo dun buque e a percepción que teñen os traballadores sobre a fatiga, buscouse coñecer a súa opinión mediante unha enquisa con preguntas encamiñadas a recoñecer as devanditas condicións. Por outra banda, para coñecer as condicións ambientais de ruído e temperatura empregáronse aparellos de medida en dous tipos de barcos nos que máis representación houbo de respostas á enquisa anteriormente citada.