Poder y educaciónla construcción de los universos sociopolíticos a través de los discursos y las prácticas curriculares mediadas por los libros de texto

  1. García-Serna, Jaime A.
Dirixida por:
  1. Jurjo Torres Santomé Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 12 de febreiro de 2019

Tribunal:
  1. Juan Bautista Martínez Rodríguez Presidente/a
  2. Ana Sánchez-Bello Secretario/a
  3. Rosa María Vázquez Recio Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 582476 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nesta investigación pártese da hipótese de que malia que o xurdimento da Democracia é considerado o acontecemento máis importante do século XX (Amartya. Sen, Carole Pateman, Boaventura de Sousa Santos, etc.), o modo no que se representa como forma de ordenación social e política na red de discursos curriculares, as práticas e experiencias escolares, ten unha naturaleza restrinxida e unidimensional. Esta investigación ten como obxectivo desentrañar as estratexias mediante as cales se leva a cabo o proceso de ensino e a aprendizaxe dos universos democráticos (ideas, experiencias e práticas democráticas) do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria na Provincia da Coruña, Galicia. O corpus de análise está integrado por 58 libros de texto das materias Educación Ético-Cívica, Educación para la Ciudadanía y los Derechos Humanos, Historia, Latin, Lingua castelá e Literatura, Lingua galega e Literatura, Relixión e Xeografía) de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) das editoriais Anaya, Edebé, Rodeira, Santillana e SM dos cuatro niveis da ESO. Empregouse unha metodoloxía de análise cualitativa de datos, cun itinerario analítico dedutivo-indutivo. As categorías dedutivas construironse a partires duhna síntese das categorías empregadas, por unha banda, no estudo comparativo internacional da International Association for the Evaluation of Educational Achievement (IEA), titulado International Report: Civic knowledge, attitudes, and engagement among lower-secondary school students in 38 countries (ICCS 2009); e por outra, naquelas categorías construidas por investigadores no campo da democracia e contenda política como David Held, Pierre Rosanvallon e Boaventura de Sousa Santos. De igual modo, mediante a realización de entrevistas semiestruturadas e grupos de discusión do alumnado e entrevistas ao profesorado, levouse a cabo unha aproximación a 11 Institutos de Educación Secundaria (IES) para establecer o modelo de prácticas e experiencias democráticas que son proporcionadas e promovidas na vida escolar e desde as institucións escolares. Os principais resultados aos que se chegaron nesta investigación son dous. O discurso curricular (textos e imaxes) orienta a idea de democracia cara a un deseño estritamente electoralista, representativo e elitista en detrimento doutros deseños institucionais democráticos como a democracia participativa, a democracia de alta intensidade ou, en xeral, aqueles deseños nos que teñen cabida outros vectores de expresión sociopolítica diferentes ao ritual electoral e que se vinculan coas acción sociais e coa participación política cidadá. Por outra banda, as entrevistas, grupos de discusión e observacións amosan que as experiencias e as prácticas democráticas na aula e o centro educativo reforzan unha idea procedimental, electoralista e elitista da democracia, á vez que non favorecen nin permiten a súa aprendizaxe dun modo participativo.