Design, governance and management performance of Marine Protected Areas in the North-East Atlantic Ocean

  1. Álvarez Fernández, Inmaculada
Dirixida por:
  1. Francisco Javier Sanz Larruga Director
  2. Juan Freire Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de xullo de 2019

Tribunal:
  1. Juan Manuel Barragán Muñoz Presidente
  2. Antonio García Allut Secretario/a
  3. Mercedes Ortiz García Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 593992 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A principios do 2013, no Océano Atlántico Nororiental (Inglaterra, Francia, Portugal e España), había 550 Áreas Mariñas Protexidas (AMP) establecidas con gran diversidade de obxectivos. Só 244 destas AMPs tiñan plan de xestión (PdX), e só 151 estaban a ser realmente xestionadas por 66 PdG. Para lograr os seus obxectivos, tres procesos deben funcionar de maneira conxunta e eficiente: deseño e implementación de PdX, gobernanza e desempeño. Nesta tese, realizouse unha análise empírica dos tres procesos e as súas relacións, baseada no coñecemento experto dos xestores sobre o PdX e o desempeño da AMPs. Os resultados mostraron que a gobernanza efectiva é fundamental para o desempeño das AMPs, e non así o deseño e a implementación. Estes resultados contradín estudos previos que mostran que o deseño dos obxectivos e o PdX, xunto coa participación dos usuarios neste proceso, son factores clave para o desempeño das AMPs. A gobernanza necesita mellorar contando con: vixilancia e avaliación rutineiros, maior participación da comunidade na xestión, financiamento estable, un sistema de cumprimento establecido e difusión de resultados rutineira. Un bo deseño e unha implementación adecuada dos PdX teñen un valor limitado no rendemento do AMP.