La construcción naval en España en el siglo XX (1900-1975)vicisitudes y desafíos tecnológicos : el caso de Compañía Trasatlántica Española

  1. Díaz Lorenzo, Juan Carlos Félix
Dirixida por:
  1. Santiago Iglesias-Baniela Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de abril de 2018

Tribunal:
  1. Enrique García Melón Presidente/a
  2. José Carbia Secretario/a
  3. Daniel García Gómez de Barreda Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 530220 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os desafíos tecnolóxicos e tamén os éxitos da construción naval en España durante o século XX son o resultado dun longo e histórico proceso que tivo lugar en varias etapas, nas que a dependencia exterior foi unha das súas condicións máis significativas durante a primeira metade do século XX. Dada a súa posición de liderado no sector mundial, Inglaterra converteuse no principal provedor da industria naval e no caso español, tamén logrou unha maior presenza a través da participación en empresas de alto interese estratéxico, entre as que figura a Sociedade Española de Construción Naval, constituída no ano 1908. Logo do período de autarquía que seguiu á guerra civil española e da intervención do Estado, a industria naval e con ela a Mariña de Guerra así como a mercante, alcanzaron a maioría de idade a partir da década dos sesenta do século XX, converténdose nun excelente exportador de buques e nunha referencia mundial, cuxo exemplo mais significativo é o caso dos grandes petroleiros de ASTANO. Todo este proceso reflíctese claramente na existencia da Compañía Trasatlántica, unha empresa naval centenaria que afundiu a comezos do século XXI, na cal podemos ver perfectamente reflectidas todas as vicisitudes históricas que analizamos nesta tese.