Situación actual y necesidades de las actividades subacuáticas profesionales civiles en Españaestudio de la normativa reguladora y propuestas para su armonización en el contexto europeo e internacional

  1. Codesido Vilar, Juan Carlos
Dirixida por:
  1. Álvaro Baaliña Insua Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de setembro de 2019

Tribunal:
  1. J. López Bernal Presidente
  2. Javier Romero Gómez Secretario/a
  3. Francisco Javier Martínez de Osés Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 601660 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As actividades subacuáticas non contan cun marco normativo actualizado, sólido e harmonizado en España, amosando unha estrutura administrativa que non está organizada dabondo nin situada axeitadamente. Co obxectivo de desenvolver unha proposta de mellora global do sector, nesta tese, realízase un diagnóstico da situación actual das actividades subacuáticas profesionais en España, permitindo a detección daqueles criterios que as empresas prestadoras destes servizos, consideran clave sobre aspectos relevantes da normativa de seguridade, formación e organización. Para iso deseñouse unha enquisa á que responderon as empresas vinculadas ao sector, a partir da cal, elaboráronse uns resultados, un catálogo de ocupacións e un DAFO do sector. Posteriormente realizouse unha revisión e discusión das normativas, códigos de prácticas e manuais máis relevantes no panorama internacional, relacionados coa seguridade, formación e saúde laboral, do mergullo profesional. Sobre estas bases, proponse un esquema teórico de ordenación das actividades subacuáticas en España, mediante a creación dunha lei, incluíndo o nacemento dun organismo autónomo, así como un modelo de normas de seguridade. Considérase que estas propostas poden servir para abordar a ordenación do sector en España e para a elaboración dunhas futuras normas de seguridade no campo do mergullo profesional, que á vez sexan homologables ás máis avanzadas do panorama internacional.